8 de abril: a discriminación é falta de Educación

Compartimos o vídeo da Rede Europea contra a Pobreza en Portugal.

Por unha Europa sen Discriminación. Por unha participación social plena da comunidade xitana!

Opre Romá!

Advertisements

Antía finaliza as súas prácticas

Fin-practicas-AntiaEste xoves, 31 de marzo, finalizou as súas prácticas do grao en Socioloxía a nosa compañeira Antía Barros. Durante estes dous meses, Antía contribuíu á creación de coñecemento social arredor das problemáticas dos adolescentes inmigrantes, especialmente os romaneses, na cidade de Vigo, colaborou activamente no desenvolvemento das actividades de sensibilización do proxecto Pregatirea Maine, achegouse ás problemáticas das mulleres inmigrantes, de persoas en situación de desemprego de longa duración e ás diferentes cuestións vinculadas coa residencia e o acceso á nacionalidade das persoas estranxeiras. Tamén realizou un importante achegamento á situación social e educativa da comunidade xitana en Galicia.

Agradecemos fondamente a Antía a súa ilusión polo traballo e a súa profesionalidade e desexamos contar coa súa colaboración activa para o futuro.

Finaliza o curso de Formación sobre Introducción á Sociedade de Acollida

Rematou hoxe, 17 de marzo de 2016, o curso de formación sobre Introducción á Socieade de Acollida que a Asociación Diversidades realizou nos locais da Parroquia do Sagrado Corazón, financiado pola Xunta de Galicia e cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo.

IMG_0822

Rematou hoxe, 17 de marzo de 2016, o curso de formación sobre Introducción á Socieade de Acollida que a Asociación Diversidades realizou nos locais da Parroquia do Sagrado Corazón, financiado pola Xunta de Galicia e cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo.

Era a primeira vez que a Asociación Diversidades promovía esta formación e o resultado é moi satisfactorio. O curso tivo unha gran difusión por boa parte da rede que traballa con persoas inmigrantes en Vigo e na súa bisbarra. Os participantes quedaron moi satisfeitos e o ambiente do curso foi dunha gran fluidez nos contidos e nas relacións entre persoas e culturas.

Desexamos moita sorte a quen van utilizar esta formación como base para a realización das probas de nacionalidade!

Consulado Itinerante de Rumanía en Vigo

27-28 mai 2016 – consulat itinerant la VIGO – regiunea Galicia

logoÎn zilele de 27-28 mai 2016,  o echipă a  Consulatului General al României la Bilbao se va deplasa  în oraşul VIGO, între orele 10:00-14:30 – preluare cereri, 16:00-17:30 – eliberare documente, la Centro Civico de Teis, situat la adresa C/ Camiño Maceiras, 2, Vigo, pentru a oferi servicii consulare cetăţenilor români rezidenţi în comunitatea autonomă Galicia.

Consulatul recomandă tuturor cetăţenilor români, care vor solicita servicii/documente consulare, să se prezinte cu documentele de identitate/călătorie şi/sau stare civilă atât în original, cât şi în fotocopie color.

Vor fi efectuate următoarele servicii consulare:

– înscrieri certificate de naştere/certificate de căsătorie;

– autentificări procuri / declaraţii;

– inscripţii consulare / adeverinţe;

– titluri de călătorie / paşapoarte.

CHARLA SENSIBILIZACIÓN NO IES MARÍA SOLIÑO

24891511400_d6d31113e3_zO pasado 16 de febreiro tivemos o pracer de poder impartir unha charla de sensibilización no instituto María Soliño (Cangas).
Estas charlas están desenvolvidas no marco do noso proxecto Pregatirea Maine, onde o principal obxectivo do acto era conseguir que os alumnos entendesen a inmigración desde outro punto de vista, tentar que empatizaran coas persoas que buscan unha vida mellor noutro país e as dificultades que pasan para integrarse nunha nova cultura, e ao mesmo tempo, facerlles comprender dunha maneira práctica, que as etiquetas impostas ás persoas estranxeiras dificultan a súa inserción social, e que eles poden  participar no cambio desta situación.

A charla foi realizada polo noso compañeiro Hafdallah, un psicólogo saharauí, que conta cunha gran capacidade para tratar con rapaces.
Tras facer unha introdución sobre os aspectos básicos que implica a inmigración, realizou un xogo de rol “A discoetiqueta”, que consistía en etiquetar a oito alumnos e facer que entre eles se tratasen segundo a súa etiqueta nun ambiente de discoteca. Nalgúns casos as etiquetas eran positivas, como “abrázame”, e noutros casos eran negativas, como “expúlsame do grupo”, “insúltame”. Neste xogo a intención era facer comprender aos alumnos, que a forma que temos de etiquetar ás persoas en base a prexuízos poden facer dano a aqueles que se lle impoñen esas etiquetas, e que antes de etiquetar debemos pensar en como sentirá esa persoa cando nos relacionemos con ela desa maneira. E para finalizar contoulles a súa historia de vida, unha historia realmente impactante, non só pola parte máis dramática da situación que viviu, senón tamén pola capacidade de resiliencia que tivo ao longo da súa vida.

O desenvolvemento da charla fixo que a medida que avanzaba, os alumnos fosen empatizando progresivamente co colectivo inmigrante, sendo o final da charla o máis emotivo, probablemente pola historia de vida contada en primeira persoa por Hafdallah.

Inauguración da Igrexa Evanxélica Romanesa

Este venres 12 de febreiro participamos na inauguración da Igrexa Evanxélica que promove a comunidade romanesa de Vigo.

Foi unha grata experiencia de convivencia intercultural.

A maioría dos presentes eran de nacionalidade romanesa e de cultura romaní, polo que a celebración tivo lugar en lingua romanesa.