Ferrol. 20 de maio de 2014. O proxecto Comenius “Integrating Gypsy Travellers into our school” liderado polo Concello de Cardiff, a través da súa concellería de Educación e a participación directa dun dos Centros Educativos da Cidade, ten como contraparte ao Centro de Formación e Recursos para o Profesorado de Ferrol, e aos Centros Educativos CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira e ao CPR Plurilingüe santa Xoana de Lestonac.
Na xornada participaron tamén os profesionais do Leonardo da Vinci Mobility Project, que tiveron ocasión de coñecer de primeira man a formación do profesorado en España, así como os proxectos de intercambio que se realizan entre nós para a abordaxe das problemáticas educativas dos contextos interculturais. Este tipo de experiencias constitúe a razón de ser do programa de formación de competencias interculturais para profesionais dos servizos educativos e os servizos sociais.