Asociación Diversidades

Somos unha organización formada por un equipo de profesionais con máis de vinte anos de experiencia no ámbito da intervención social en contextos de diversidade cultural.

O noso punto de partida foi a exclusión social, as persoas vulnerables e os colectivos con menores oportunidades educativas, laborais e, en definitiva, vitais. A nosa pretensión, contribuír a que cada persoa teña un sitio na nosa sociedade, onde poder desenvolver as súas capacidades, achegando a súa riqueza persoal e cultural, e desfrutando das condicións de vida que son habituais na nosa sociedade.

Consideramos que o camiño para a cohesión social pasa pola aprendizaxe e a práctica dos deberes de cada quen e por un acceso pleno ao conxunto de dereitos da cidadanía. Cremos que a liberdade e a responsabilidade van xuntas, e que continuamente debemos aprendelas e ensinalas.

Sabemos que non todo o mundo ten os mesmos dereitos e deberes desde o punto de vista legal, pero apostamos por construír entre todos unha cidadanía universal, partindo das normas de convivencia democrática da nosa sociedade.

Entendemos que a dignidade da persoa é o centro do noso traballo, o criterio da nosa actuación e o resultado de calquera intervención social e educativa digna de tal nome.

Para nós, os Centros Educativos son clave para avanzar na igualdade de oportunidades na educación desde o punto de vista intercultural. Persoas procedentes de diferentes comunidades culturais, tradicións relixiosas ou ideoloxías distintas, comparten un mesmo Cento Educativo. Daquela, é o propio Centro o lugar onde poden comezar a convivir desde a diversidade.

Pero sabemos que os problemas das persoas non se crean sobre todo nos Centros Educativos; por iso, tampouco chegan a resolverse de todo nos propios centros. Son as familias e os contornos comunitarios os lugares onde debemos chegar, como profesionais, para contribuír a unha mellor intervención educativa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s