Antía finaliza as súas prácticas

Fin-practicas-AntiaEste xoves, 31 de marzo, finalizou as súas prácticas do grao en Socioloxía a nosa compañeira Antía Barros. Durante estes dous meses, Antía contribuíu á creación de coñecemento social arredor das problemáticas dos adolescentes inmigrantes, especialmente os romaneses, na cidade de Vigo, colaborou activamente no desenvolvemento das actividades de sensibilización do proxecto Pregatirea Maine, achegouse ás problemáticas das mulleres inmigrantes, de persoas en situación de desemprego de longa duración e ás diferentes cuestións vinculadas coa residencia e o acceso á nacionalidade das persoas estranxeiras. Tamén realizou un importante achegamento á situación social e educativa da comunidade xitana en Galicia.

Agradecemos fondamente a Antía a súa ilusión polo traballo e a súa profesionalidade e desexamos contar coa súa colaboración activa para o futuro.

Advertisements

Servizos para os refuxiados

wellcomerefugeesA Asociación Diversidades presentou este luns a súa proposta para a acollida na cidade de Vigo de refuxiados sirios (ou procedentes doutros conflitos de Oriente Medio).

Trátase de prestar servizos de interpretación e tradución, de información, de asesoramento e de introdución na sociedade galega, co coñecemento da lingua, dos costumes e do acceso ao mercado de traballo.

Trátase dun servizo complementario respecto dos esenciais de acceso ao aloxamento e manutención inicial, sobre os que están a traballar outras entidades.

Desde a Asociación Diversidades confiamos en que se poida chegar canto antes a un acordo que poña fin ao espectáculo dunha Europa dividida e tentada pola xenofobia nun momento que require unidade de acción e xenerosidade respecto das vítimas das guerras e dos conflitos políticos, económicos, culturais e relixiosos que sacoden Oriente Medio.

Servizos para refuxiados sirios 2015

Memoria 2014

2014 deixa boas noticias!

CPI O Toural – Vilaboa

Celeste Gómez consegue o título de Graduado de ESO!

Continúa os seus estudos de Formación Profesional en Pontevedra!

CelesteE ademais …

Memoria 2014

O Toural 2014

Nome do programa: Intervención socioeducativa “Convivencia, expectativas educativas e éxito escolar en Vilaboa 2014”.

Lugar de realización: CPI O Toural de VilaboaCPI O Toural Vilaboa

Data de Inicio: 10/01/2014

Data de finalización: 30/06/2014

Participantes totais: 18 Persoas

Financiador: CPI O Toural de Vilaboa

Bun Venit 2014

Nome do programa: Itinerarios de Inclusión Social “Bun Venit”.

Lugar de realización: Vigo

Data de Inicio: 01/02/20144 Bun Venit

Data de finalización: 30/11/2014

Participantes totais: 98 Persoas

Financiador: Xunta de Galicia / Fondo Social Europeo

Leonardo Mobility 2014

Nome do programa: Leonardo Mobility Project 2014 Professional mobility for social mediators2014-05-21-ECCA.

Lugar de realización: Vigo

Data de Inicio: 19/05/2014

Data de finalización: 31/05/2014

Participantes totais: 5 Persoas

Financiador: Dual Smart Brasov / Leonardo da Vinci Agency

Leonardo Mobility 2014 (2)

Nome do programa: Leonardo Mobility Project 2014 Professional mobility for social mediators.

Lugar de realización: VigoOLYMPUS DIGITAL CAMERA

Data de Inicio: 6/10/2014

Data de finalización: 17/10/2014

Participantes totais: 5 Persoas

Financiador: Dual Smart Brasov / Leonardo da Vinci Agency

Obradoiros IES Mugardos

Nome do programa: Obradoiros interculturais IES Mugardos.

Lugar de realización: Mugardos

Data de Inicio: 31/03/2014Mugardos 2014

Data de finalización: 8/04/2014

Participantes totais: 150 Persoas

Financiador: Xunta de Galicia / Consellería de Educación

Integrating Gypsy Travellers

Nome do programa: Formación “Integrating Gypsy Travellers into our school.

Lugar de realización: Vigo

Data de realización: 20/05/2013

Participantes totais: 75 Persoas

Financiador: Xunta de Galicia / CFR Ferrol

CFR - Ferrol
CFR – Ferrol

Bun Venit Competencias- Clave 2014

Nome do programa: Formación “Bun Venit” Competencias – Clave.

Lugar de realización: Vigo

Data de Inicio: 25/09/2014

Data de finalización: 25/11/2014Competencias-Clave-2014

Participantes totais: 15 Persoas

Financiador: Xunta de Galicia / Fondo Social Europeo

Bun Venit Español 2014

Nome do programa: Formación “Bun Venit” Español para Estranxeiros.

Lugar de realización: Vigo

Data de Inicio: 15/09/2014Español para estranxeiras

Data de finalización: 20/11/2014

Participantes totais: 12 Persoas

Financiador: Xunta de Galicia / Fondo Social Europeo

Voluntariado para Clases de Competencias-Clave

Apoio presencial para a preparación dos exames de Competencias – Clave 2015.
Acción formativa destinada a persoas desempregadas de longa duración e con dificultades de acceso aos sistemas de Formación e Emprego.
Luns e martes de 16:00 a18:00 Horas

Descrición da actividade

Apoio presencial para a preparación dos exames de Competencias – Clave 2015.
Acción formativa destinada a persoas desempregadas de longa duración e con dificultades de acceso aos sistemas de Formación e Emprego.

Horario:

Luns e martes

16:00 – 18:00 Horas

Perfil de voluntariado

Persoas con formación no ámbito da lingua Inglesa e/ou as matemáticas e con competencias para a Educación de Adultos e a formación.

A Deputación Provincial de Pontevedra apoia o proxecto Bun Venit

Con 32 familias participantes, grazas a este apoio da Deputación, o proxecto Bun Venit – Necesidades Básicas consegue a estabilidade financeira que precisaba para o seu desenvolvemento durante o primeiro semestre do ano 2014.

Vigo. 03/07/2014. A Deputación Provincial de Pontevedra reuniuse hoxe coas entidades de iniciativa social que traballan con persoas inmigrantes na cidade de Vigo para entregarlles a resolución correspondente á convocatoria de Subvencións dirixidas a entidades de iniciativa social con sede social ou delegación permanente e continua na provincia de Pontevedra, para a realización de proxectos de servizos sociais especializados. Ao mesmo tempo, a Deputada Provincial, Marta Iglesias Bueno, quixo coñecer de primeira man a situación social dos inmigrantes na cidade de Vigo, as inquedanzas das Entidades e o estado de execución dos proxectos subvencionados.

A Asociación Diversidades presentou a esta convocatoria un proxecto para a atención das necesidades básicas da poboación de orixe romanés residente en Vigo, especialmente a de cultura xitana e as familias con menos recursos. Este proxecto forma parte do programa Bun Venit, que constitúe o centro da actuación da nosa asociación.

O proxecto integra o acceso aos servizos sociais, de educación e de saúde, a convivencia veciñal e a cobertura das necesidades de alimentación e vestido. Ademais, o proxecto contempla a conveniencia de vincular a participación escolar dos menores coa súa asistencia aos comedores escolares. É unha forma de relacionar a asistencia aos centros educativos co cumprimento dos proxectos de inserción social que as familias teñen asinados e co proxecto de normalización educativa PREGATIREA MAINE, que está deseñado para a prevención de conductas de risco en adolescentes romaneses.

Con 32 familias participantes, grazas a este apoio da Deputación, o proxecto Bun Venit – Necesidades Básicas consegue a estabilidade financeira que precisaba para o seu desenvolvemento durante o primeiro semestre do ano 2014.

Bos resultados nas probas de Competencias – Clave

Competencias - Clave
Competencias – Clave

Vigo, 12 de xuño de 2014. – O pasado venres 6 de xuño coñecemos os resultados das probas de Competencias – Clave nivel II correspondentes a 2014. Das catro persoas que participaron, logo de acudir ás clases de preparación na Asociación Diversidades, todas aprobaron a Competencia – Clave de Galego. Tendo en conta que as catro participaban nas probas das catro competencias, debemos considerar un éxito que dúas persoas aprobasen tres das catro competencias. E que outra máis, sen conseguiu a súa admisión na formación AFD, ao superar as probas de matemáticas e lingua galega.

Este logro supón unha importante mellora curricular, un paso adiante na súa inclusión social. De feito, durante esta semana acudiron a entrevistas individuais de orientación para tratar de poñer en valor o seu progreso, de cara a conseguir unha formación ocupacional ou unha opción de inserción laboral.

Desde a Asociación Diversidades desexámoslle sorte nesta nova andaina e poñemos os nosos medios ao dispor dos seus proxectos.