25N nas aulas

A igualdade de xénero é un tema que tratamos na aula de forma transversal en tódolos cursos, non obstante, hoxe, co motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, as alumnas e alumnos do proxecto BRO’Squixeron aportar o seu graniño de area á loita feminista con accións específicas sobre o tema da violencia contra as mulleres. Botando man de diferentes fontes, oficiais e fiables, o alumnado investigou sobre os conceptos relacionados coa violencia de xénero, identificou as últimas noticias no noso país sobre a lacra machista e plasmou as suas reflexións en forma de frase curtas arredor do mobiliario das nosas oficinas, sembrándonos que a loita contra a violencia de xénero é unha loita diaria.

O proxecto BRO’S, ou Escola de Segunda Oportunidade, é un proxecto que levamos a cabo co obxectivo de prever o abandono escolar prematuro de adolescentes que poida encaminados a situación de exclusión social. Por iso, junto coa formación para a adquisición das titulación académicas definidas, cada alumna e alumno conta cun acompañamento psicosocial personalizado e integrador que lles acude a conseguir as púas metas. Ese contexto, a igualdade de xénero é materia transversal básica en toda a formación.

No que vai de ano, un total de 37 mulleres foran asasinadas no noso país, conscientes de que esta escalofriante cifra é só a punta do iceberg visible estadísticamente dunha violencia estructural e silenciosa hacia  que sufren centos de mulleres ao noso arredor. Elas eran Flora de 82 anos, Conchi de 56 anos, Alicia de 51 anos, Mari Carmen de 46 anos, Mari Cruz de 48 anos, Jordina de 34 anos, Paula de 36 anos, Pilar de 50 anos, Mª Soledad de 60 anos, Warda de 28 anos, Betty de 52 anos, Lucía de 42 anos, Mª Teresa de 48 anos, Katia de 35 anos, Katherine de 59 anos, Alla de 48 anos, Nicoleta de 41 anos, Rocío de 17 anos, Alicia de 36 anos, Consuelo de 81 anos, África de 55 anos, Hasna de 34 anos, Johana de 41 anos, Mari Ángeles de 46 anos, Inmaculada de 43 anos, Luisa de 74 anos, Amal de 38 anos, Antonella de 30 anos, Pamela de 25 anos, Oksana de 36 anos, Carmen de 60 anos, María Pilar de 43 anos, Zuita de 38 anos, Mónica de 52 anos, Erika de 37 anos e María Isabel de 37 anos.

Rumanía abre consulado en Vigo

  santiago-diversidadesNovasconsulado RumaníaVigoEdit

Noticia do Atlántico Diario 

Rumanía acaba de abrir un consulado en Vigo para toda Galicia con el objetivo de construir  un puente de comunicación de la comunidad gallega con el país, muy interesado en establecer nuevos lazos comerciales. El nuevo cónsul honorario, Diego Esquer Rufilanchas tomó ayer posesión de su cargo en un acto celebrado en el Círculo de Empresarios en el que también estuvo presente la embajadora de Rumanía en España, Gabriela Dancau.

El objetivo de Esquer en la ciudad será “estar a disposición de todo lo que pueda hacer para mejorar las relaciones entre Rumanía y Galicia así como favorecer oportunidades económicas”, según aseguró tras tomar posesión. En este sentido, la embajadora de Rumanía señaló que la apertura de este Consulado “forma parte de la vocación de nuestro Ministerio de Exteriores de expandir nuestra presencia en ciudades estratégicas como Vigo, un modelo de ciudad moderna e industrial, con el naval como referencia, y como punto de información para los empresarios que estén interesados en nuestro país”.

Tras el acto de nombramiento de Esquer, se celebró la jornada “Rumanía, una opción estratégica”, en la que la ministra consejera de la Oficina Económica y Comercial de la Embajada de Rumanía en España, Iulia Schnecker, incidió en las oportunidades de negocio e inversiones en el país.

Acceso á noticia completa

Camiñando por Vigo coas Donas da Cidade

  santiago-diversidadesIgualdadeMigraciónsTeño dereitos!XéneroEdit

Camiñando por Vigo coas Donas da Cidade

Onte decidimos saír á rúa e coñecer un pouco máis nosa cidade, camiñando e admirando algúns edificios emblemáticos, estatuas…

Donas da Cidade nos transatlánticos

Tivemos a oportunidade de falar de García Barbón e a súa obra filantrópica na nosa cidade, visitar o Casco Vello e falar das orixes da Praza da Constitución, baixamos até o miradoiro do Centro Comercial a Laxe que non só nos permitiu admirar esta fermosa ría, senón tamén falar do Porto de Transatlánticos, de onde tamén moitas das nosas familias saíron en barco en procura dunha vida mellor- porque as nosas familias tamén foron emigrantes.

Antes de volver tivemos a ocasión de admirar as dúas estatuas de Leiro ( os Nadadores ) e falar de Xullo Verne e a súa relación con Vigo. Unha pequena excursión que nos axuda a ser un pouco máis Donas da Cidade.

Comeza un obradoiro de búsqueda de emprego para mulleres

Comeza un obradoiro de búsqueda de emprego para mulleres

O pasado 8 de novembro comezamos a impartir  un novo obradoiro de orientación laboral na nosa asociación dirixido, desta vez, únicamente a mulleres. O obradoiro desenvólvese no marco do proxecto “Teño dereitos”, financiado pola Deputación de Pontevedra.

No obradoiro abórdanse contidos relacionados co autocoñecemento, coas competencias e habilidades persoais, coa definción de intereses profesionais, coas entrevistas de traballo e cos asuntos administrativos coma o coñecemento dos tipos de nóminas ou contratos, entre outros. 

Dentro do mesmo proxecto iniciamos un obradoiro de autoestima e habilidades sociais para mulleres, no que tratamos cuestións relacionadas co empoderamento ou a escoita activa como aspectos adicionais para a búsqueda activa de emprego. Estes obradoiros son complementarios entre sí e forman parte do proxecto “Teño dereitos” da Deputación de Pontevedra, con fin de mellorar a empregabilidade das mulleres participantes.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística, no terceiro trimestre do presente ano, a taxa de paro femenino en Pontevedra é 5 puntos superior á taxa de paro masculino, cun 15´86% de mulleres desempregadas, fronte a un 10´87% de homes desempregados.

Teño dereitos

Unha iniciativa de igualdade para as mulleres Donas da Cidade!

Así gozamos no grupo de Donas, compartindo saberes: esta semana tocou unha receita de Sarmale e exfoliación natural. Foi Mimi quen a trouxo preparada e que nos axudou a limpar a pel e gozar dun tempo de relaxación. Terminamos xogando a unha oca das nosas vidas, para pór en común e coñecernos mellor. 

Anímate e ven se queres compartir con outras mulleres !

Estás convidada.

Sinerxias por unha educación diversa

Estes días o  alumnado do proxecto BRO’S, proxecto que persegue  brindar unha segunda oportunidade educativa e vital a xóvenes en risco, recibiu a visita do equipo da asociación Aso Nosmesmas para reflexionar sobre educación e diversidade afectivo-sexual e de xénero.

Así, grazas á sinerxia con asociacións amigas como Aso Nosesmas, organización feminista que pretende contribuir á construcción de vías alternativas de pensamento e de acción para acadar as condicións necesarias para o exercicio e pleno disfrute por parte das mulleres LBTIQA,  continuamos dando pasos para facilitar un futuro máis seguro e  inclusivo para os xóvenes en risco da nosa comunidad.

Diversidades Acolle desenvolve o proxecto BRO’S no marco das denominadas Escolas de Segunda Oportunidade, un modelo educativo alternativo que busca ofrecer a xóvenes sen emprego nen titulación unha pedagoxía basada en itinerarios personalizados, reforzo de competencias báscias e laborais, prácticas vinculadas ao mundo empresarial e apoio social, especialmente coa poboación xoven máis vulnerable.

A actividade destas semanas súmase así ao programa de reforzo de competencias e habilidades que buscan contribuir ao reforzo das habilidades educativas e sociais destes xóvenes.

Loitando contra o #Inmigracionalismo

No marco do proxecto #Inmigracionalismo, promovido pola Rede Acolle, rede á que Diversidades Acolle pertence, reunímonos esta semana con profesionais da información para coñecer cales son as dinámicas e prácticas informativas máis habituais sobre inmigración no exercicio xornalístico e reflexionar sobre as súas repercusións tanto na convivencia social como na política.

Estes grupos focais de traballo son esenciais para contribuir a mellorar a información sobre migración e fortalecer os lazos cos medios de comunicación social como axentes chave na integración da poboación inmigrante e na promoción de sociedades justas e igualitarias.

O proxecto desenvólvese en dous eixos principais: por un lado na análise de informacións sobre migración nos medios de comunicación impresos, e, por outro, nas sensibilizacións a axentes chave do proceso de comunicación (xornalistas, estudiantes, ciudadanía,etc.) a raíz dos resultados obtidos nas análisis de medios previas.

Ata a data, o proxecto #Inmigracionalismo ten analizadas máis de 15.500 información sobre migración nos medios impresos españoles.

Dúas línguas diferentes, unha única forma de comunicar

En Diversidades Acolle cremos na importancia de coñecer a lingua como unha ferramenta fundamental para a comunicación pero tamén como un recurso para a integración e a convivencia.

Durante este primeiro ano de funcionamento do Centro de Protección Internacional de Tui xa tivemos diversas clases e obradoiros de castelán e galego.

Pero este interese polas linguas, a comunicación e a integración non queda aquí e recentemente vense de integrar no noso equipo unha profesora de Lingua de Signos, Claudia, quen tres días á semana traballa con unha das nosas residentes dando resposta as novas necesidades detectadas. 

Esta actividade está xerando un espazo de confluencia entre dúas linguas de signos: a lingua de signos española e a lingua de signos de orixe da persoa solicitante de asilo. Todo isto está dando como resultado un valioso enriquecemento para todas as partes a través do intercambio e reflexión acerca das similitudes e diferencias lingüísticas e culturais que se poden apreciar a través dos signos.