Día internacional do pobo xitano

Abrente incerto

Día internacional do pobo xitanoLogo de séculos de desprezo e persecución, chegou o día 8 de abril de 1971 e o movemento asociativo xitano, reunido en Londres, reividicou a dignidade e a xustiza que lles foran negadas ás persoas e comunidades romaníes polo largo mundo que camiñaron.

Vintecatro anos despois, a maior parte das reivindicacións seguen vivas, frescas e actuais. Sen embargo, en certos países, tamén no noso, o movemento asociativo xitano murchou.

Fai falta un novo pulo a prol da convivencia e da xustiza. Desterrar a discriminación, pero tamén os novos caciques e as vellas opresións, de familia, de xénero, de idade, que impiden unha nova primavera.

Opre Rroma!

View original post

Advertisements